Saltar ao contido principal
Campaña Eu son do marrón - Lalín Recicla

Lalín aposta polo marrón

O Concello de Lalín pon en marcha unha campaña pola reciclaxe de residuos orgánicos

Co obxectivo de animar á poboación de Lalín a separar o lixo orgánico, o Concello de Lalín inicia unha ambiciosa campaña que abarca, desde a implementación de equipamento, ata a formación ou a sensibilización en materia de residuos orgánicos e compostaxe.

Para o ámbito doméstico repartiranse 1.200 cubos de biorresiduos. Nas rúas contaremos con 150 colectores con fechadura e, por outra banda, equiparase a veciñanza con rolos de bolsas compostables, tanto de uso doméstico, coma para grandes xeradores.

Tanto no rural como no centro urbano -naqueles casos en que o edificio ou a casa conte cunha parcela-, tamén se poderán solicitar compostadores e, por tanto, realizar a xestión da materia orgánica de maneira directa.

Lalín Recicla será a marca baixo a que se desenvolverá a campaña "Eu son do marrón" destinada a información e sensibilización de todas as idades sobre a reciclaxe de orgánicos. Prevense accións a pé de rúa, divulgación en centros escolares, reparto de materiais promocionais, etc.

Cubos e composteiros poderánse solicitar no Departamento de Medio Ambiente e recollerse no propio Concello de Lalín.

Contenedores de reciclajeLalín Recicla

Solicitudes:

Departamento de Medio Ambiente

986 78 70 60

xosemanuel.mendez@lalin.gal

Punto de Recollida:

Concello de Lalín

Compost con residuos orgánicos

Que se vai facer?

A quen vai dirixida esta campaña?

Reciclaxe doméstica: veciños do centro urbano que queren separar os residuos a través do cubo marrón para as súas casas e as bolsas que deben utilizar neles, e que despois deben depositar nos contedores instalados na rúa. Inclúe medianos e grandes xeradores de residuos.

Compostadores: veciños, tanto do rural como do centro urbano -naqueles casos en que o edificio ou a casa conte cunha parcela-, que queren contar cos compostadores para facer compost na súa propia casa e, por tanto, realizar a xestión domiciliaria in situ da materia orgánica.

Cantos colectores e compostadores se implantarán en Lalín?

Para a reciclaxe doméstica,

  • 1.200 unidades de cubos domésticos de biorresiduos.
  • 2.400 rolos de bolsas compostables de uso doméstico (capacidade de 10 litros).
  • 150 colectores de biorresiduos con fechadura automática e 20 chaves estándar por cada un deles.
  • 240 rolos de bolsas compostables para grandes xeradores (capacidade de 120 litros).

Para compostadores,

  • 500 composteiros domésticos (capacidade de 400 litros) para o tratamento dos residuos orgánicos domiciliarios.
A viaxe dun residuo orgánico - Proceso de reciclaje
Tomate - Eu son do marrón